Quenes somos?

Grupo

Somos un espacio educativo no que pretendemos que os nenos e nenas aprendan os valores da Lei Scout e fagan un compromiso con esta Lei, a través da promesa Scout. A maiores, a través da acción e do xogo, os Scouts irán deseñando e creando o seu propio desenvolvemento educativo. Queremos que sexan os protagonistas do seu propio progreso e crecemento, e por iso lles axudamos a tomar responsabilidades e a facer compromisos a distintos niveis: persoal, social e no seu propio camiño da Fe.

escudo tau

Por outro lado e como amosa o noso logo, queremos concretar que a nosa espiritualidade é Franciscana, que fai especial fincapé na austeridade, a sencillez e o amor á natureza. Volvendo a falar do grupo, queremos que éste sexa un espacio de convivencia para todos os que queiran vivir esta experiencia de xogo, de vivir na natureza, de ser todos irmáns e de seguir a Xesús. Para isto, contamos coa axuda do Método Scout, que se vén actualizando e mellorando desde fai un século, coa axuda do Kraal, que está composto polos responsables do grupo, dos pais e nais, do Consiliario… e especialmente coa axuda dos nenos e nenas que libremente queren vivir esta gran aventura que é o  Escutismo.

Deixar un comentario