CLIPMETRAXES MANOS UNIDAS

Moi boas a tod@s, nesta publicación queríamosvos ensinar os clipmetraxes que fixeron @s nos@s pioneir@s do grupo que están participando no concurso organizado por Manos Unidas que ten por lema:

 “¿QUIERES APRENDER A CONDUCIR POR EL CAMINO DE LA IGUALDAD?”

Desta maneira, deixámosvos os enlaces a ditos clipmetraxes para que os vexades e en caso de que vos gusten os animamos a que os votedes para aumentar a repercusión da mensaxe que se quere transimitir.

“Rompamos el techo de cristal”

“Deporte”

“Los estereotipos no acampan”

Moitas grazas pola vosa colaboración e vémonos na seguinte publicación! Ata a próxima!

 

Advertisements

ACTIVIDADE 09/02/2019

Moi boas de novo a tod@s e benvid@s novamente a outra nova publicación na que vos comentaremos o realizado por @s nos@s scouts o pasado fin de semana.

  • Coma sempre, comezamos coa póla dos lobecos que neste caso estiveron realizando unha actividade conxunta cos rangers do noso grupo. Nela, onde non faltaron as risas e a diversión,  @s lobec@s ensináronlle (xunto cunha pequena coreografía ou xestos nalgúns casos) aos rangers as cancións que aprenderon a semana pasada. Ao final da mesma, ambas pólas cantaron ao unísono como mostra da súa aprendizaxe das diferentes cancións.
  • Por outra banda, @s pioneir@s estiveron contemplando os seus videoclips realizados para a campaña de mans unidas e despois comezaron a preparar o musical que van realizar repartindo as personaxes e comezando cos diferntes ensaios.
  • Por último, as rotas volvéronse reunir para traballar acerca dun proxecto que se desenvolverá ao longo do mes de marzo no Instagram do noso grupo, polo que teredes que estar atentos. Nembargantes,  aínda lles sobrou o tempo para facer o parvo.

Isto foi todo polo momento e agardámosvos na seguinte publicación! Un saúdo e ata a próxima!

ACTIVIDADE 02/02/2019

Benvid@s a tod@s a unha nova publicación do noso blog na que repasaremos todo o que fixeron @s nos@s rapaces/zas o primiero sábado de febreiro:

  • Neste día, os membros da póla dos lobecos tiveron unha sesión musical na que, axúndandose uns aos outros, aprenderon dúas cancións moi empregadas nas reunións ou acampadas cos diferentes grupos Scouts de Santiago: o Onda Ti e o Adeus Scout.
  • Por outro lado, @s rangers do grupo seguiron decidindo todos os detalles acerca da súa aventura para que esta saia o mellor posible.
  • Continuando co noso repaso, @s pioneir@s tiveron unha sesión audiovisual na que visualizaron a representación teatral do musical que van realizar eles/as mesm@s acerca da vida do patrón da póla dos lobecos; que non é outro que San Francisco, que ademais dá nome á nosa parroquia.

 

  • Por último, na póla de rotas estiveron realizando tareas de xestión das súas diferentes actividades así como cuestións de loxística para mellorar distintos aspectos do noso grupo.

WhatsApp Image 2019-02-02 at 17.35.16

Isto foi todo polo momento e esperámosvos a tod@s para a seguinte publicación! Unha aperta e SEMPRE LISTOS!

ACTIVIDADE 26/01/2019

Benvid@s a tod@s de novo a unha nova publicacón na que repasaremos o que fixeron os nosos rapaces o pasado sábado na actividade:

  • Comezamos, coma sempre, coa póla dos lobecos, que estiveron realizando un xogo para que repasaran e ensinaran ás/ós máis nov@s diferentes cuestións relacionadas co escutismo, como os grupos presentes en MSC en Galicia, os patróns das diferentes pólas, as máximas, etc. Unha vez rematado dito xogo, estiveron xogando ao brilé en grupos misturados.
  • Os rangers tomaron unha decisión moi importante; e é que decidiron o tema da súa aventura, que consistirá en facer voluntariado nun refuxio para animais. Ademais, tiveron tamén un momento de xogo.
  • Por último, dado que as rotas non se reuniron, @s pioneir@s do grupo estiveron grabando durante a actividade e  continuaron pola tarde despois de comer todos xuntos os clipmetraxes para participar na X edición do concurso de Manos Unidas, que este ano ten por lema: ¿QUIERES APRENDER A CONDUCIR POR EL CAMINO DE LA IGUALDAD?

Se máis dilación, despedímonos polo momento e vémonos na seguinte publicación. Ata a próxima!

ACTIVIDADE 19/01/2019

Benvid@s de novo a todos e a todas, nesta publicación vos contaremos o que fixeron @s nos@s rapaces o pasado sábado na actividade:

  • @s lobec@s do grupo tiveron unha actividade diferente; xa que estiveron facendo pulseiras para @s seus amig@s e familiares baseándose no código Morse, que era empregado para comunicarse mediante sinais luminosas ou sonoras.
  • Por outro lado, @s rangers comezaron o proceso da elección da súa aventura e estiveron repasando as leis dos Scouts.
  • A continuación, os grupos de pioneir@s realizaron unha actividade de coñecemento entre eles na que cada un escribía cualidades e algún defecto d@s seus compañeir@s.
  • Por último, as rotas planificaron as actividades que van realizar neste trimestre.

E ata aquí o repaso do pasado finde e vémonos na seguinte publicación. Un saúdo e ata a seguinte!

ACTIVIDADE 12/01/2019

Hola a tod@s de novo e sentimos o retraso nas publicacións neste inicio de ano. Pasamos a revisar o que fixeron os nosos rapaces no primeiro día de actividade deste novo ano:

  • Na póla de lobecos, tivemos a actividade do cofre do tesouro; que consistiu en que  cada un tiña que debuxar o que mellor representaba as festas do Nadal que tivemos no mes pasado. Unha vez feito isto, metían os seus debuxos no cofre e por turnos tiñan que explicar e amosar as súas creacións ao resto de membros da manada. Para rematar, xuntáronse cos rangers para realizar xogos conxuntos na horta de San Francisco.

whatsapp-image-2019-01-26-at-15.17.37.jpeg

  • Os rangers tiveron un día de descanso no que aproveitaron para xogar conxuntamente cos lobecos.
  • Por último, e posto que as rotas non se reuniron, os equipos d@s pioneir@s do grupo estiveron facendo unha avaliación do primeiro trimestre, ademáis de determinar as empresas e principais actividades que van a realizar no segundo trimestre.

Isto foi todo polo momento e agardámosvos na seguinte publicación!

whatsapp-image-2019-01-26-at-15.17.371.jpeg

Acampada de Nadal 14-16 Decembro 2018

Olaaa a tod@s e sentimos a tardanza, pasamos a repasar o que fixeron os nosos nenos na acampada de nadal que se celebrou en San Francisco do 14 ao 16 de decembro:

  • O primeiro día asentámonos e repartimos os nomes do noso tradicional amigo invisible do Nadal, na que os regalos foron realizados na propia acampada con diferentes manualidades.
  • Pola mañá do segundo día, despois de levantarse e do almorzo, tivemos unha xornada de diferentes tipos de manualidades, na que @s scouts desenvolevron a súa capacidade creativa realizando todo tipo de detalliños, como pulseras, wowos ou pompóns. Unha vez rematada esta actividade e despois de comer, dirixímonos cara o centro comercial Área Central para estar xunto c@s pioneir@s nas actividades para os nenos que estiveron preparando e para observar o belén que montaron xunto coa organización española de coleccionistas de Playmobil (consultar a publicación anterior para + información). Despois de pasar toda a tarde alí, voltamos a San Francisco para cear e ter unha velada moi especial: tivemos as promesas dos nosos lobecos Nuno, Greta e Blas (xa que nos puideron vir á acampada de verán) e do noso responsable Edu, e con isto concluímos o sábado.
  • Por último, o domingo tivemos a misa na igrexa de San Fco. e rematamos a acampada despois de comer todos xuntos e repartir os regalos do amigo invisible.

Despedímonos polo momento. Felices festas e vémonos na seguinte publicación!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2017, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2017 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

 

BELÉN SOLIDARIO

Comentábamos na anterior publicación que @s pioneir@s do grupo están preparando unha iniciativa en Área Central que consiste na realización dun Belén Solidario xunto coa Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil. Todo o diñeiro recaudado irá destinado ao albergue Xoan XXIII para coidar á xente que alí se aloxan. Adxuntamos o cartel no que tedes máis información e esperámosvos alí para disfrutar desta maravillosa actividade!

WhatsApp Image 2018-12-02 at 15.01.09

Un saúdo e vémonos na seguinte publicación!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2017, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2017 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

 

 

ACTIVIDADE 01/12/2018

Boas noites e benvid@s novamente a este espazo no que repasaremos os que fixeron os nosos rapaces no primeiro día deste novo mes que estreamos.

  • Como sempre, comezamos c@s máis pequen@s. Os lobecos adicaron todo o tempo da actividade a realizar unhas imaxinativas e orixinais postais navideñas, propias da gran festa do día 25 de decembro.

 

  • A continuación, os rangers estiveron realizando xogos que tiñan como obxectivo o coñecemento pola súa parte das leis do Escutismo.

 

  • Por último, xa que as rotas non puideron reunirse outra vez, @s pioneir@s do grupo estiveron planificando as actividades que están pendentes de realizar. Ambas levaranse a cabo en Área Central, e na primeira axudarán na realización dun Belén Solidario (máis información na seguinte publicación) e na segunda organizarán talleres de manualidades ao longo do recinto. Polo tanto, moito traballo para @s nos@s pioneir@s, pero non dubidamos da súa capacidade!

 

Antes de despedirnos, queremosvos lembrar que a próxima semana só ten actividade a póla de pioneiros e que do venres 14 ás 20:00 ata o domingo 16 ás 16:30, terá lugar a nosa acampada de navidade en San Francisco. Esperámosvos e vémonos na seguinte publicación!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2017, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2017 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

 

 

ACTIVIDADE 24/11/18

Hola a tod@s e benvid@s novamente! Pasamos a contar o que fixeron os nosos rapaces na actividade do pasado sábado:

  • Primeiramente, @s lobec@s estiveron cubrindo fichas para o caderno de caza, como os seus datos persoais, a xente que forma parte da súa seisena ou as diferntes máximas e lei da manada. Ademais, explicáronlles que o caderno de caza vai ser empregado nas diferentes actividades que realicen, e polo tanto deben de lembrarse de levalo sempre.

 

  • Por outro lado, os rangers do grupo estiveron facendo un taller de cabullería, onde aprenderon cómo e en qué situacións realizar cada tipo de nó; como poden ser o ballestrinque ou o oito.

 

  • Por último, xa que as rotas esta semana non se reuniron, @s pioneir@s tomáronse un descanso despois de tantas semanas de organización e planificación de diferentes actividades e dividíronse por idades para xogar a xogos de mesa, como o Carcassone ou o Dungeon Roll.

 

Isto foi todo polo momento,e ímonos lembrando que a próxima semana repartiremos as inscripcións da acampada de Nadal que celebraremos no noso local de San Francisco os días 14,15 e 16 de Decembro. Un saúdo e ata a seguinte publicación!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2017, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2017 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial