ACTIVIDADE 30/03/2019

Moi boas de novo a tod@s e benvid@s novamente a outra nova publicación na que vos comentaremos o realizado por @s nos@s scouts o pasado 30 de marzo:

  • Neste día, as pólas de lobec@s e rangers tiveron unha actividade común que tivo como fío conductor a celebración do día do noso planeta. Nela, realizaron diferentes dinámicas e xogos sobre a reciclaxe, o aforro no consumo da luz e auga, etc. Unha actividade diferente pero na que se divertiron moitísimo.
  • Por outra banda, tocou xornada de traballo n@s pioneir@s que fixeron exercicios vocais que tiñan como obxectivo saber como proxectar a súa voz para poder representar o seu musical.

Isto foi todo polo momento e agardámosvos na seguinte publicación! Un saúdo e ata a próxima!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

ACTIVIDADE 23/03/2019

Ola a tod@s e benvid@s de novo a unha nova publicación do grupo scout Tau no que repasaremos o que fixeron @s nos@s nen@s o pasado 23 de marzo:

  • Coma sempre, comezamos coa póla d@s lobec@s, que neste día tiveron unha actividade diferente. Nela, repasaron a vida do seu patrón, San Francisco de Asís, a través de diferentes xogos que representaban diferentes momentos moi importantes na súa vida.
  • Por outro lado, como moitos días neste trimestre (xa que é unha actividade moi importante para eles/as), @s rangers estiveron estudando novas opcións para levar a cabo a súa aventura.
  • Por último, tod@s @s pioneir@s estiveron refelxionando acerca da figura do “home novo”, unha personaxe moi importante para esta póla que simboliza a transformación de cada un de nós  cara unha persoa máis preocupada dos demais.

Isto foi todo polo momento, polo que vos esperamos para a seguinte publicación. Un saúdo de parte do Grupo Scout Tau!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

ACTIVIDADE 16/03/2019

Ola a tod@s e benvid@s novamente! Pasamos a contar o que fixeron @s nos@s nen@s o pasado 16 de marzo:

  • Coma sempre, comezamos o repaso c@s lobec@s, que neste día fixeron unhas manualidades con motivo do día do pai que se celebrou o martes 19 de marzo. Tod@s fixeron un gran traballo e os resultados foron estupendos.
  • A contnuación, os rangers aprenderon técnicas de camuflaxe/ocultación e para practicalas xogaron ao escondite.
  • Por outra banda, @s pioneir@s realizaron unha actividade moi orixinal na que falaron das súas limitacións e de cómo mellorar a súa autoestima.

Isto foi todo polo momento, polo que vos esperamos para a seguinte publicación a tod@s. Un saúdo de parte do Grupo Scout Tau!