ACTIVIDADE 09/03/2019

Ola a tod@s e benvid@s de novo a unha nova publicación do grupo scout Tau no que repasaremos o que fixeron @s nos@s nen@s o pasado 9 de marzo:

  • Neste día, tivemos actividade conxunta entre as pólas d@s lobec@s e rangers, na que participaron nunha búsqueda do tesouro na que tiveron que resolver diferentes acertixos e xogos mentais para poder chegar ata el.
  • Por outra banda, @s pioneir@s do grupo continuaron ensaiando e pulindo ao máximo os detalles do musical que van realizar sobre a vida de San Francisco.

Un día moi entretido para @s nos@s rapaces/zas, que o pasaron estupendamente. Pois sen máis dilación, pasamos a despedirnos polo momento e vémonos na seguinte publicación coma de costume, un saúdo!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

Advertisements

ENTROIDO (02/03/2019)

Benvid@s a tod@s de novo a unha nova publicación do grupo scout Tau na que repasaremos o que fixemos o pasado sábado. Este día tivemos unha actividade común para todo o grupo na que preparamos un postre en diferentes grupos, que se coñece como estrela de hoxaldre e chocolate. Consiste básicamente en superpoñer dúas láminas de hoxaldre e entre elas unha boa capa de nocilla (ou similares), para posteriormente cortar en diferentes porcións e doblar a masa para obter a forma da estrela. Unha vez feito isto, quéntase no forno durante unha media horiña e xa está feita.

Unha vez rematado o cociñado, xogamos todos xuntos e para rematar catamos o postre realizado previamente. Todos acabaron satisfeitos e entretidos despois do traballo e dos xogos realizados.

Isto foi todo polo momento, ata a seguinte publicación e seguirémosvos mantendo informados. Un saúdo!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

DÍA DO PENSAMENTO SCOUT (23/02/2019)

Boas a tod@s de novo para repasar unha semana máis o que fixeron @s nos@s scouts fai dous fins de semana. Neste día, tivemos unha actividade moi especial: celebramos o día do Pensamento Scout, que celébrase o 22 de febreiro de todos anos xa que foi a data na que naceu Robert Baden-Powell, o fundador do noso movemento.

Polo tanto, dado a importancia da ocasión, celebramos este día xunto aos nosos comapñeiros dos outros grupos scouts de Santiago de Compostela: o grupo Scout Khanhiwara (membro tamén de MSC) e o grupo Scout Chan (membro de ASDE). Desta maneira, comezamos o encontro facendo xogos todos xuntos para despois realizar diferentes actividades por pólas.

Por último, despedímonos dando grazas polos momentos compartidos e entonando o adeus scout, canción empregada para estes momentos de despedida. Un remate digno a unha actividade realizada nunha data tan importante para o noso movemento!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

ACTIVIDADE 16/02/2019

Ola a tod@s e perdoade pola tardanza! Nesta publicación repasaremos o que fixeron @s nos@s rapaces/zas o pasado 16 de febreiro:

  • Neste día, @s lobec@s do grupo realizaron diferentes tarefas. Primeiro, repartiron os cargos en cada seisena para poder exercer correctamente o que se coñece como “xogo institucional”. Posteriormente, decidiron entre todos unha “caza” a realizar, que non é outra cousa que unha actividade importante na que participan @s lobec@s c@s responsables. A decisión limitouse a unha mini acampada con diferentes actividades propostas.
  • Proseguindo, na póla d@s rangers estiveron
  • Por outra banda, @s pioneir@s saíron á rúa para coñecer mellor a nosa contorna e para descubrir novas organizacións coas que poder colaborar en futuros proxectos.
  • Por último, dado que as rotas estiveron reunidas, adicaron a sesión para organizar e coordinar todo o relacionado co proxecto que se está desenvolvendo ao longo de este mes de Marzo no Instagram do noso grupo, que en resumo vén a ser unha presentación de diferentes mulleres que foron importantes en Galicia ao longo da historia e que son case descoñecidas.

Isto foi todo polo momento, vémonos na seguinte publicación!