CLIPMETRAXES MANOS UNIDAS

Moi boas a tod@s, nesta publicación queríamosvos ensinar os clipmetraxes que fixeron @s nos@s pioneir@s do grupo que están participando no concurso organizado por Manos Unidas que ten por lema:

 “¿QUIERES APRENDER A CONDUCIR POR EL CAMINO DE LA IGUALDAD?”

Desta maneira, deixámosvos os enlaces a ditos clipmetraxes para que os vexades e en caso de que vos gusten os animamos a que os votedes para aumentar a repercusión da mensaxe que se quere transimitir.

“Rompamos el techo de cristal”

“Deporte”

“Los estereotipos no acampan”

Moitas grazas pola vosa colaboración e vémonos na seguinte publicación! Ata a próxima!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

ACTIVIDADE 09/02/2019

Moi boas de novo a tod@s e benvid@s novamente a outra nova publicación na que vos comentaremos o realizado por @s nos@s scouts o pasado fin de semana.

  • Coma sempre, comezamos coa póla dos lobecos que neste caso estiveron realizando unha actividade conxunta cos rangers do noso grupo. Nela, onde non faltaron as risas e a diversión,  @s lobec@s ensináronlle (xunto cunha pequena coreografía ou xestos nalgúns casos) aos rangers as cancións que aprenderon a semana pasada. Ao final da mesma, ambas pólas cantaron ao unísono como mostra da súa aprendizaxe das diferentes cancións.

 

  • Por outra banda, @s pioneir@s estiveron contemplando os seus videoclips realizados para a campaña de mans unidas e despois comezaron a preparar o musical que van realizar repartindo as personaxes e comezando cos diferntes ensaios.

 

  • Por último, as rotas volvéronse reunir para traballar acerca dun proxecto que se desenvolverá ao longo do mes de marzo no Instagram do noso grupo, polo que teredes que estar atentos. Nembargantes,  aínda lles sobrou o tempo para facer o parvo.

 

Isto foi todo polo momento e agardámosvos na seguinte publicación! Un saúdo e ata a próxima!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

ACTIVIDADE 02/02/2019

Benvid@s a tod@s a unha nova publicación do noso blog na que repasaremos todo o que fixeron @s nos@s rapaces/zas o primiero sábado de febreiro:

  • Neste día, os membros da póla dos lobecos tiveron unha sesión musical na que, axúndandose uns aos outros, aprenderon dúas cancións moi empregadas nas reunións ou acampadas cos diferentes grupos Scouts de Santiago: o Onda Ti e o Adeus Scout.

 

 

  • Por outro lado, @s rangers do grupo seguiron decidindo todos os detalles acerca da súa aventura para que esta saia o mellor posible.

 

 

  • Continuando co noso repaso, @s pioneir@s tiveron unha sesión audiovisual na que visualizaron a representación teatral do musical que van realizar eles/as mesm@s acerca da vida do patrón da póla dos lobecos; que non é outro que San Francisco, que ademais dá nome á nosa parroquia.
  • Por último, na póla de rotas estiveron realizando tareas de xestión das súas diferentes actividades así como cuestións de loxística para mellorar distintos aspectos do noso grupo.

WhatsApp Image 2019-02-02 at 17.35.16

Isto foi todo polo momento e esperámosvos a tod@s para a seguinte publicación! Unha aperta e SEMPRE LISTOS!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial