Benvid@s a tod@s de novo a unha nova publicacón na que repasaremos o que fixeron os nosos rapaces o pasado sábado na actividade:
- Comezamos, coma sempre, coa póla dos lobecos, que estiveron realizando un xogo para que repasaran e ensinaran ás/ós máis nov@s diferentes cuestións relacionadas co escutismo, como os grupos presentes en MSC en Galicia, os patróns das diferentes pólas, as máximas, etc. Unha vez rematado dito xogo, estiveron xogando ao brilé en grupos misturados.
- Os rangers tomaron unha decisión moi importante; e é que decidiron o tema da súa aventura, que consistirá en facer voluntariado nun refuxio para animais. Ademais, tiveron tamén un momento de xogo.
- Por último, dado que as rotas non se reuniron, @s pioneir@s do grupo estiveron grabando durante a actividade e continuaron pola tarde despois de comer todos xuntos os clipmetraxes para participar na X edición do concurso de Manos Unidas, que este ano ten por lema: ¿QUIERES APRENDER A CONDUCIR POR EL CAMINO DE LA IGUALDAD?
Se máis dilación, despedímonos polo momento e vémonos na seguinte publicación. Ata a próxima!
Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial