Ola a tod@s de novo e sentimos o retraso nas publicacións neste inicio de ano. Pasamos a revisar o que fixeron os nosos rapaces no primeiro día de actividade deste novo ano:
- Na póla de lobecos, tivemos a actividade do cofre do tesouro; que consistiu en que cada un tiña que debuxar o que mellor representaba as festas do Nadal que tivemos no mes pasado. Unha vez feito isto, metían os seus debuxos no cofre e por turnos tiñan que explicar e amosar as súas creacións ao resto de membros da manada. Para rematar, xuntáronse cos rangers para realizar xogos conxuntos na horta de San Francisco.
- Os rangers tiveron un día de descanso no que aproveitaron para xogar conxuntamente cos lobecos.
- Por último, e posto que as rotas non se reuniron, os equipos d@s pioneir@s do grupo estiveron facendo unha avaliación do primeiro trimestre, ademáis de determinar as empresas e principais actividades que van a realizar no segundo trimestre.
Isto foi todo polo momento e agardámosvos na seguinte publicación!
Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial