ACTIVIDADE 19/01/2019

Benvid@s de novo a todos e a todas, nesta publicación vos contaremos o que fixeron @s nos@s rapaces o pasado sábado na actividade:

  • @s lobec@s do grupo tiveron unha actividade diferente; xa que estiveron facendo pulseiras para @s seus amig@s e familiares baseándose no código Morse, que era empregado para comunicarse mediante sinais luminosas ou sonoras.

 

  • Por outro lado, @s rangers comezaron o proceso da elección da súa aventura e estiveron repasando as leis dos Scouts.

 

  • A continuación, os grupos de pioneir@s realizaron unha actividade de coñecemento entre eles na que cada un escribía cualidades e algún defecto d@s seus compañeir@s.

 

  • Por último, as rotas planificaron as actividades que van realizar neste trimestre.

E ata aquí o repaso do pasado finde e vémonos na seguinte publicación. Un saúdo e ata a seguinte!

 

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

ACTIVIDADE 12/01/2019

Ola a tod@s de novo e sentimos o retraso nas publicacións neste inicio de ano. Pasamos a revisar o que fixeron os nosos rapaces no primeiro día de actividade deste novo ano:

  • Na póla de lobecos, tivemos a actividade do cofre do tesouro; que consistiu en que  cada un tiña que debuxar o que mellor representaba as festas do Nadal que tivemos no mes pasado. Unha vez feito isto, metían os seus debuxos no cofre e por turnos tiñan que explicar e amosar as súas creacións ao resto de membros da manada. Para rematar, xuntáronse cos rangers para realizar xogos conxuntos na horta de San Francisco.

whatsapp-image-2019-01-26-at-15.17.37.jpeg

  • Os rangers tiveron un día de descanso no que aproveitaron para xogar conxuntamente cos lobecos.
  • Por último, e posto que as rotas non se reuniron, os equipos d@s pioneir@s do grupo estiveron facendo unha avaliación do primeiro trimestre, ademáis de determinar as empresas e principais actividades que van a realizar no segundo trimestre.

Isto foi todo polo momento e agardámosvos na seguinte publicación!

whatsapp-image-2019-01-26-at-15.17.371.jpeg

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2018, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2018 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial