ACAMPADA DE NADAL 14-16 DECEMBRO 2018

Olaaa a tod@s e sentimos a tardanza, pasamos a repasar o que fixeron os nosos nenos na acampada de nadal que se celebrou en San Francisco do 14 ao 16 de decembro:

  • O primeiro día asentámonos e repartimos os nomes do noso tradicional amigo invisible do Nadal, na que os regalos foron realizados na propia acampada con diferentes manualidades.
  • Pola mañá do segundo día, despois de levantarse e do almorzo, tivemos unha xornada de diferentes tipos de manualidades, na que @s scouts desenvolevron a súa capacidade creativa realizando todo tipo de detalliños, como pulseras, wowos ou pompóns. Unha vez rematada esta actividade e despois de comer, dirixímonos cara o centro comercial Área Central para estar xunto c@s pioneir@s nas actividades para os nenos que estiveron preparando e para observar o belén que montaron xunto coa organización española de coleccionistas de Playmobil (consultar a publicación anterior para + información). Despois de pasar toda a tarde alí, voltamos a San Francisco para cear e ter unha velada moi especial: tivemos as promesas dos nosos lobecos Nuno, Greta e Blas (xa que nos puideron vir á acampada de verán) e do noso responsable Edu, e con isto concluímos o sábado.
  • Por último, o domingo tivemos a misa na igrexa de San Fco. e rematamos a acampada despois de comer todos xuntos e repartir os regalos do amigo invisible.

Despedímonos polo momento. Felices festas e vémonos na seguinte publicación!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2017, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2017 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s