Boas noites e benvid@s novamente a este espazo no que repasaremos os que fixeron os nosos rapaces no primeiro día deste novo mes que estreamos.
- Como sempre, comezamos c@s máis pequen@s. Os lobecos adicaron todo o tempo da actividade a realizar unhas imaxinativas e orixinais postais navideñas, propias da gran festa do día 25 de decembro.
- A continuación, os rangers estiveron realizando xogos que tiñan como obxectivo o coñecemento pola súa parte das leis do Escutismo.
- Por último, xa que as rotas non puideron reunirse outra vez, @s pioneir@s do grupo estiveron planificando as actividades que están pendentes de realizar. Ambas levaranse a cabo en Área Central, e na primeira axudarán na realización dun Belén Solidario (máis información na seguinte publicación) e na segunda organizarán talleres de manualidades ao longo do recinto. Polo tanto, moito traballo para @s nos@s pioneir@s, pero non dubidamos da súa capacidade!
Antes de despedirnos, queremosvos lembrar que a próxima semana só ten actividade a póla de pioneiros e que do venres 14 ás 20:00 ata o domingo 16 ás 16:30, terá lugar a nosa acampada de navidade en San Francisco. Esperámosvos e vémonos na seguinte publicación!
Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2017, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2017 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial