ACTIVIDADE 24/11/18

Ola a tod@s e benvid@s novamente! Pasamos a contar o que fixeron os nosos rapaces na actividade do pasado sábado:

  • Primeiramente, @s lobec@s estiveron cubrindo fichas para o caderno de caza, como os seus datos persoais, a xente que forma parte da súa seisena ou as diferntes máximas e lei da manada. Ademais, explicáronlles que o caderno de caza vai ser empregado nas diferentes actividades que realicen, e polo tanto deben de lembrarse de levalo sempre.
  • Por outro lado, os rangers do grupo estiveron facendo un taller de cabullería, onde aprenderon cómo e en qué situacións realizar cada tipo de nó; como poden ser o ballestrinque ou o oito.
  • Por último, xa que as rotas esta semana non se reuniron, @s pioneir@s tomáronse un descanso despois de tantas semanas de organización e planificación de diferentes actividades e dividíronse por idades para xogar a xogos de mesa, como o Carcassone ou o Dungeon Roll.

Isto foi todo polo momento,e ímonos lembrando que a próxima semana repartiremos as inscripcións da acampada de Nadal que celebraremos no noso local de San Francisco os días 14,15 e 16 de Decembro. Un saúdo e ata a seguinte publicación!

Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2017, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2017 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s