ACTIVIDADE CONXUNTA KHANHIWARA (10/11/2018)

Hola a tod@s e benvid@s de novo! O pasado sábado tivemos unha actividade moi especial: xuntámonos co outro grupo de MSC de Santiago, o grupo Scout Khanhiwara e pasamos todo o día xuntos no centro xuvenil Don Bosco onde gozamos de diferentes actividades, para rematar cun Magosto xunto c@s nen@s de Cáritas de Santiago.

O día organizouse da seguinte maneira:

  • Pola mañá (dende as 11:30 ata as 14:00 aprox.) distribuímonos por ramas, para realizar diferentes actividades, co fin de coñecerenos mellor e establecer relacións coa xente de Khanhiwara.
  • Ás 14:00 xantamos todos xuntos no teatro, compartindo historias e bo rollo entre tod@s.
  • A primeira parte da tarde estivo adicada á gran actividade do día: unha “kermés” (xogo de probas) estilo “feira americana”, na que por grupos mixtos de ambos grupos e de diferentes idades tiveron que poñer en práctica todos os seus esforzos para poder resolver e superar todas as probas ás que se enfrontaron.
  • Para asegunda parte da tarde, contamos coa axuda de Cáritas de Santiago e Cruz Vermella; que animounos coas súas cancións, así como as actividades que se fixeron despois segundo os diferentes grupos de idade.
  • Por último, compartimos todos xuntos un magosto para celebrar o gran día que pasamos co grupo Khanhiwara, e esperando volver a disfrutar doutras experiencias con eles proximamente.

Adxuntamos varias fotos do día e esperámosvos na seguinte publicación! Boa caza!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s