ACTIVIDADE 03/11/2018

Benvid@s a tod@s de novo! Nesta publicación amosarémosvos o que fixeron os nosos rapaces na actividade do pasado sábado:

  • Os lobecos tiveron unha actividade temática propia da festa do Samaín, na que se adentraban no mundo dos mortos (o Outromundo) para despois saír do mesmo realizando unha serie de rituais propios desta celebración (lembrar os ancestros ou “apple bogging”, por exemplo). Ademais, aprenderon outros costumes e tradicións relacionadas con esta festa que aínda perduran nos nosos días.

 

  • A continuación, os rangers decidiron manter a patrulla do ano pasado “Os camaleóns” e procederon ao reparto de cargos indispensable para o bo funcionamiento da rama. Por último, adicaron os últimos minutos para xogar todos xuntos despois de realizar tanto traballo.

 

  • Por último (xa que as rotas non tiveron reunión), os pioneiros do grupo fixeron, coma no caso dos rangers, o reparto de cargos dentro de ambos equipos (“Fernando Romay” e “Carmen Avendaño”) e despois estiveron decidindo as empresas que ían realizar neste trimestre, que son as actividades propias desta rama.

 

Por último e antes de despedirnos, queríamosvos lembrar que a próxima semana teremos a actividade conxunta co grupo Scout Khanhiwara, na que xogaremos con eles pola mañá e pola tarde celebraremos o magosto todos xuntos.

Boa caza e ata a seguinte publicación!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s