Ola a tod@s! O blog do grupo Scout Tau volve con máis forza que nunca e con enerxías renovadas. Nesta xeira, iremos publicando todo o relativo á vida do noso grupo: actividades,reflexións,evaluacións e outros contidos de tal forma que vos enteraredes de todo o que realizamos.
Nesta liña, o pasado sábado tivemos a nosa primeira actividade da xeira, na que contamos cun regalo por parte das nosas rotas que visitaron Asís: unha TAU esculpida en madeira propia de alí e na que posteriormente todo o grupo participou nunha batería de xogos, na que tod@s o pasamos xenial, a cal estivo organizada polas rotas: nela, non faltaron xogos clásicos do grupo como faros e barcos e outros novos, como o do psicólogo ou pasar tod@s por enriba dunha corda de forma cooperativa.
Estade atentos e vémonos na seguinte publicación!
Programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF 2017, xestionado pola Consellería de Política Social.
#Scoutsgaliciaecg #07%IRPF2017 #Programasdeinteresexeralparafinsdecaractersocial #Conselleríadepoliticasocial